FAQ mu2
ENTRADAS E RESERVAS
Aquí, na web do festival, ou directamente en Eventbrite.
Si! Podes mercar entradas individuais para cada película, un abono para os 4 días cun prezo reducido. Tamén temos abonos para dous días de festival, cun prezo máis económico.
Podes cancelar as entradas segundo a política de reembolsos de Eventbrite. Revisa a súa política de reintegros para saber máis!
A túa entrada inclúe as proxección da película principal de cada día e o acceso ó resto de actividades que teñan lugar esa xornada (senda AR, escape room, etc…)
Si! Están incluídos para o público do festival. O acceso é libre ata completar o aforo dos grupos que participarán na actividade.
HORARIOS E ACCESO
Na Fundación Sales, en Vigo (Av. da Atlántida, 160).
A partir das 18:30 h. A proxección principai comeza arredor das 21:00 h. Consulta o horario completo do festival para saber máis en detalle o horario de cada día.
Si. Chegan as liñas C3 e 15A de Vitrasa. Tamén se pode acceder en bici ou andando dende a praia de Samil.
Sí. A Fundación ten parking propio (e gratuíto) para uns 20 vehículos. Alternativamente, a zona arredor da Fundación é relativamente accesible para estacionar.
A choiva é a nosa gran inimiga. Noutras ocasións, en caso de choiva, as proxeccións movíanse ó invernadoiro. Por desgraza, as tormentas do inverno causaron danos no teito do invernadoiro que fan que non sexa unha opción viable para realizar alí as proxeccións. Aínda así, a Fundación dispón hoxe en día dunha carpa no espazo do escenario principal que garanten a realización da proxección principal. Traballamos para garantir que a meirande parte das actividades paralelas poidan realizarse en espazos alternativos da Fundación en caso de choiva.
PROXECCIÓNS E ACTIVIDADES
Exactamente. Cada película ten unha banda sonora composta e interpretada en directo por Caspervek Ensemble.
Podes chegar cando ti queiras antes do comezo da película principal de cada dia. Recomendamos que chegues con tempo para gozar das actividades paralelas das xornadas e coller un bo sitio no escenario principal!
Podes explorar a SendaAR, participar nos Escape Rooms, visitar a Camera Obscura, gozar da música na Zona 78rpm ou ver os screenings fotográficos.
INFRAESTRUTURA E SERVIZOS
Si! A equipa da Fundación ofrece servicio de bebidas dentro do recinto e este ano, o restaurante As Cunchas ofrecerá tamén comida!
Por suposto! MU2 é tamén un espazo para disfrutar dun picnic.
Hai cadeiras e bancos, sí. Aínda así, non é unha mala idea traer unha toalla, manta ou coxín por se queres gozar da película dende o céspede do escenario principal.
AMBIENTE
MU2 é un festival pequeno, familiar, onde os músicos e o público interactúan en todo momento. Por suposto que as crianzas están convidadas a vir. É posible que entendan ou disfruten algunhas películas mais que outras, pero todas son aptas para todos os públicos.
Non, aínda que algunhas probas poden ser máis complexas para menores de 10 anos. A participación é libre, e sempre poden ir en grupo con persoas adultas.
TECNOLOXÍA
Traballamos arreo este ano para mellorar a experiencia da sendaAR e que fora mais accesible para os usuarios de todos os móbiles. En principio, só precisas un smartphone e conexión a internet. Nalgúns casos, é posible que algúns modelos de Android esixan descargar un pequeno componente para poder visualizar as experiencias dende o navegador.
O escape room emprega a tecnoloxía de ActionBound para realizarse.
Non, pero a cobertura de datos é boa en todo o espazo.