Skip to main content

escape rooms

O universo de Nosferatu espállase pola Fundación Sales en forma de xogos inmersivos. Este ano, MU2 ofrece unha triloxía de Escape Rooms únicos, deseñados para transformar o xardín botánico nun auténtico escenario de misterio e suspense.

Cada noite, unha historia diferente. Cada noite, un reto novo. E en todas, un obxectivo común: resolver as probas antes de que sexa demasiado tarde.

como funciona

A experiencia complétase a través da aplicación gratuíta ActionBound (dispoñible en Android e iOS). Precísase un dispositivo móbil por grupo para xogar, e o percorrido irá guiando aos participantes por todo o recinto, combinando probas físicas, enigmas, realidade aumentada e interacción coa propia contorna.

escape room Hutter

28 de agosto

O xove Hutter recibe un encargo perigoso: viaxar ata os Carpatos para tratar cun misterioso conde. Mapa en man, os participantes deberán seguir as súas pegadas, localizar as pistas agochadas na Fundación e descubrir o símbolo secreto que abre a porta ao seguinte destino. Un xogo de investigación e orientación, cheo de enigmas que levan cara ao descoñecido.

escape room Nosferatu

29 de agosto

Nesta noite, ti xa non es unha vítima… es o propio monstro. Os xogadores encarnan a Nosferatu no seu percorrido desde o castelo ata Alemaña. Deben descifrar o alfabeto oculto das cartas do Conde, seguir a ruta do Empusa a través do xardín e atopar o camiño ata Wisborg. Un reto máis escuro, atmosférico e cheo de tensión, no que o terror clásico cobra vida entre árbores e sombras.

escape room Ellen

30 de agosto

O escape room definitivo. Distintos equipos, distintas personaxes e distintos obxectivos. Que pasará finalmente en Wisborg? Conseguirá Nosferatu a alma de Ellen? Ou gañarán as forzas da luz e do ben?