Non é necesario descargar ningunha aplicación: só abrir a cámara, escanear o QR e premer en Place para situar o obxecto no entorno. Recoméndase evitar xiros bruscos co móbil, xa que a tecnoloxía non leva ben os cambios rápidos de lugares, o que fai que os obxectos se despracen e cambien o seu tamaño. A Senda AR é unha viaxe sorprendente que conecta pasado e futuro do cinema.
Preme, toca, acaricia... case todas as experiencias son interactivas e responden se interactúas con elas!