Un lounge musical ao aire libre onde resoan discos de época, extraídos dixitalmente de discos orixinais de 78rpm. Cada día, unha viaxe sonora distinta: cuplé galego e español, canción xaponesa ryūkōka, cabaret berlinés e folk norteamericano. Un preámbulo único para mergullarse no ambiente cultural das películas da noite.
27/08
A CASA DA TROIA
Cuplé español dos anos 10 e 20.
28/08
E CANDO MENOS, NACEMOS
O mellor da música ryūkōka, o jazz xaponés dos anos 20 e 30.
29/08
NOSFERATU
Mergullámonos na sofisticación do cabaré alemán dos anos 20.
30/08
GO WEST / THE KID BROTHER
Unha viaxe ás orixes do bluegrass e a música folclórica americana.