PROGRAMA

17.07

As xornadas ábrense coa grande obra do Expresionismo Alemán. Un abraiante film baseado na famosa historia do Golem de Praga e adaptada polo cineasta Paul Wegener. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe "The First Film of Palestine", a primeira testemuña audiovisual da Palestina otomana.

  • 21:30 - Curtametraxe: The First Film of Palestine

  • 21:45 - Screening fotográfico: Un viaje a Brodningang (Blas González)

  • 22:00 - O Golem

18.07

Unha das grandes películas da era silente, para moitos considerada a mellor película do cinema mudo; "Amencer" supuxo o debut en América de F. W. Murnau (tras facer en Alemaña filmes imprescindibles como "Nosferatu" ou "Fausto". Unha historia que nos fala de amor, vinganza e redención cunha incomparable mistura de drama e comedia. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe "A Corner in Wheat".

  • 21:30 - Curtametraxe: A CORNER IN WHEAT

  • 21:45 - Screening fotográfico: Los invisibles (Francisco Uceda)

  • 22:00 - Amencer

19.07

Un ano mais, Buster Keaton volve ser o fin de festa das xornadas cunha espectacular dobre sesión na que poderemos gozar de dúas das súas obras: a primeira, "Seven Chances" e a segunda, que poderá elixir o público durante o concerto!


  • 21:00 - Seven Chances

  • 22:00 - Screening fotográfico: Me llaman calle (Jorge Lens)

  • 22:15 - Segunda Película

ACTIVIDADES PARALELAS

Senda AR

Descobre as películas mudas como nunca o fixeras antes coa nosa experiencia de Realidade Aumentada, na que ao longo dos xardíns da Fundación poderás interactuar con personaxes e elementos das películas e descubrir unha morea de datos sobre elas. Hai unha experiencia inmersiva distinta agardando por ti cada día!

Escape Room Sherlock

Mergúllate e resolve a misteriosa historia das xoias de "Sherlock Jr". na nosa Escape Room virtual deseñado especificamente para os xardíns da Fundación Sales.  A participacion no escape room está incluida no prezo da entrada.

Screenings fotográficos

Presentación dos traballos fotográficos "Un Viaje a Brobdingnag" (citar Blas), Los Invisibles (Francisco Uceda) e "Me llaman calle" (Jorge Lens). Poderánse gozar cada día entre a proxección da curtametraxe e a da longametraxe.