ACTIVIDADES

Ven preparado ao xardín! Aquí terás toda a información que che fai falta para gozar ao máximo das actividades paralelas das xornadas.

SENDA AR

A SENDAAR é unha actividade que fai uso das últimas tecnoloxías en Realidade Aumentada para utilizar o xardín da Fundación Salgues como un museo interactivo sobre o cinema mudo. Prepara o teu smartphone e descobre datos sobre as películas proxectadas, os seus protagonistas e os seus creadores. Hai novas experiencias cada día do festival!

Escanea co teu teléfono os códigos QR que atoparás ao longo do xardín coa indicación SENDAAR. As experiencias de Realidade Aumentada da SENDAAR están deseñadas para reproducirse en lugares concretos da Fundación.

As experiencias de Realidade Aumentada fan uso dos datos móbiles do teu dispositivo. Cada experiencia ten un peso aproximado duns 40/50 MBs.

NOTA: detectamos algunhas zonas do xardín con cobertura máis débil; isto pode afectar, segundo o operador, aos tempos de carga da experiencia nas zonas máis interiores do xardín.

Se es usuario de iOS (iPhone) poderás gozar das experiencias de Realidade Aumentada directamente no dispositivo tras escanear o código QR.

Para os dispositivos de ANDROID é necesario baixarse unha aplicación (Adobe Aero). É GRATUÍTA e non require de ningún tipo de rexistro de datos. Deixámosvos o link da aplicación no seguinte QR

Adobe Aero (Android)

Unha vez que a experiencia estea lista, necesitarás posicionala no espazo nunha superficie horizontal. Move lixeiramente o teu teléfono aos lados para axudar a atopar a mellor superficie horizontal para a experiencia.

A maioría de experiencias da SendaAr son interactivas. Explóraas, dálles a volta (todas son en 3 dimensións!) e sobre todo, fai click sobre elas para descubrir moitos máis datos sobre as películas e os seus protagonistas.

ESCAPE ROOM SHERLOCK

Próximamente mais información...

SCREENING FOTOGRÁFICO

Tres grandes fotógrafos presentarán os seus últimos traballos antes da proxección das películas.

17.07 - Blas González - Un viaje a Brodningang
18.07 - Francisco Uceda - Los invisibles
19.07 - Jorge Lens - Me llaman calle

BLAS GONZÁLEZ

17.07

Unha viaxe a Brobdingnag

FRANCISCO UCEDA

18.07

Los invisibles

JORGE LENS

19.07

Me llaman calle