senda ar

Escanea co teu teléfono os códigos QR que atoparás ao longo do xardín coa indicación senda ar. As experiencias de Realidade Aumentada da senda ar están deseñadas para reproducirse en lugares concretos da Fundación.

As experiencias de Realidade Aumentada fan uso dos datos móbiles do teu dispositivo. Cada experiencia ten un peso aproximado duns 40/50 MBs.

NOTA: detectamos algunhas zonas do xardín con cobertura máis débil; isto pode afectar, segundo o operador, aos tempos de carga da experiencia nas zonas máis interiores do xardín. Ten paciencia!

Se es usuario de iOS (iPhone) poderás gozar das experiencias de Realidade Aumentada directamente no dispositivo tras escanear o código QR.

Para os dispositivos de ANDROID é necesario baixarse unha aplicación (Adobe Aero). É GRATUÍTA e non require de ningún tipo de rexistro de datos. Deixámosvos aquí o link da aplicación

Unha vez que a experiencia estea lista, necesitarás posicionala no espazo nunha superficie horizontal. Move lixeiramente o teu teléfono aos lados para axudar a atopar a mellor superficie horizontal para a experiencia.

A meirande parte de experiencias da senda son interactivas. Explóraas, dálles a volta (todas son en 3 dimensións!) e sobre todo, fai click sobre elas para descubrir moitos máis datos sobre as películas e os seus protagonistas.